CRTVG

Buscar

Ouro para Rodrigo Germade en K2 500 e prata para Antía Jácome en C1 200

Publicado o 20/09/2021 15:58

Máis éxitos para o piragüismo galego no mundial de Dinamarca. Rodrigo Germade e o mallorquín Marcos Cooper lograron a medalla de ouro en K2 500 metros. O cangués e Cooper convértense en campións do mundo nun ano inesquecible. Teñen ademais a prata olímpica en K4 500 metros. Na final de Dinamarca superaron por noventa e sete centésimas a parella alemá.

E segue a progresión da pontevedresa Antía Jácome de 21 anos. Foi subcampioa do mundo en C-1 200 metros. Foi diploma olímpico e agora logra a primeira medalla mundialista. Quedou a 26 centésimas da medalla de ouro.

Noticias web

20/09/2021