CRTVG

Buscar

Ourense ten o récord de candidaturas; en Vilarmaior só se pode elixir unha lista

Publicado o 24/05/2019 15:03
Ourense ten o récord de candidaturas; en Vilarmaior só se pode elixir unha lista

Ourense é o concello galego en que se presentan máis candidaturas nestas eleccións municipais. Os ourensáns poderán escoller entre 15 listas. No caso oposto está o caso de Vilarmaior, preto de Betanzos, onde só se poderá elixir unha papeleta: só se presenta o Partido Popular.

 

En concreto, estes son os concellos máis disputados de Galicia, en relación co número de candidaturas presentadas.

Con todo, na maior parte dos concellos os cidadáns elixen entre tres candidaturas. En concreto, iso pasa en 121 municipios. En 66 é posible escoller catro papeletas e en 39 só dúas. 

Pequenas e grandes corporacións

Cada concello elixe un número de edís en función da súa poboación. Dos 5 de Negueira de Muñiz (o concello máis pequeno) aos 27 que se elixen en Vigo, A Coruña ou Ourense.

 

 

Nestas eleccións, por certo, hai dous concellos (San Cibrao das Viñas e Foz) que soben o número de concelleiros electos porque medrou a súa poboación. Pola contra, outra vintena perden dous cada un por culpa do descenso demográfico. En total, Galicia perderá 51 concelleiros nestes comicios locais, tendo en conta a fusión de Cerdedo-Cotobade, que implica tamén a redución de 314 a 313 municipios.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí