CRTVG

Buscar

Ourense suma máis de 80 casos nun día e a UCI do CHUO volve estar ocupada

Publicado o 16/07/2021 15:40

Volve a estar activa a UCI Covid en Ourense. Dous dos tres ingresados teñen menos de 40 anos.

A maioría dos contaxiados recupérase na casa pero a presión hospitalaria comeza a repuntar. Pídese responsabilidade a vacina protexe da gravidade da enfermidade aínda que non tanto do contaxio.

Por iso acudir aos cribados é fundamental. Con preto de 900 casos activos na cidade necesario faise buscar asintomátcos e frealos contaxios pero a participación non chega ao 50 por cento.

No resto da provincia de Ourense os contaxios tamén seguen medrando cunha media de 200 novos casos cada 24 horas. Din os expertos que aínda non se chegou ao cumio da curva e que seguirán medrando os casos nos próximos días.
 

Noticias web

16/07/2021