Ourense suma contaxios de 50 en 50 cada día
Seguen medrando día a día os contaxios en toda a área sanitaria de Ourense. Unha situación complicada sobre todo na comarca de Valdeorras, onde O Barco pasa a nivel extremo a partir do sábado, cunha incidencia por riba dos 1.000 casos por cada cen mil habitantes. A cidade de Ourense, cunha media de cincuenta contaxios ao día, segue en nivel alto como Barbadás e a partir do sábado tamén se unirán os concellos de Avión e O Carballiño.
Novas restricións na capacidade dos locais e previsto tamén reducir ao máximo as reunións sociais nos concellos con máxima e alta incidencia.
Os máis novos, con ganas xa de ter ese certificado que lles permita acceder ao interior de calquera local hostaleiro imprescindible a partir do sábado en concellos con máxima e alta incidencia.
Mentres, continúan esas vacinacións masivas en Galicia cos menores de 35. A próxima semana comezarán a vacinar os menores de 29.