CRTVG

Buscar

Ourense sufriu un 'rebentón': duran entre 5 e 20 minutos e os refachos poden superar os 100 km/h

Publicado o 14/06/2021 14:18

As previsións falaban de treboadas fortes que ían descargar sobre Ourense, pero o de onte foi algo máis que iso. Os expertos en meteoroloxía coñéceno como 'rebentón'. Consiste nunha corrente de aire moi intensa e descendente que cae desde nubes tormentosas e bate con violencia contra o chan, o que provoca os denominados vórtices horizontais, que aceleran aínda máis o vento e poden orixinar refachos de máis de 100 quilómetros por hora. Os de onte chegaron aos 75, pero levaron por diante a cuberta do pavillón dos Remedios, que se acababa de reformar, así como outras estruturas doutros moitos edificios.

Noticias web

14/06/2021