CRTVG

Buscar

Ourense segue batendo récords de contaxios

Publicado o 23/07/2021 15:25

A cidade de Ourense marca novo récord de contaxios, 1.267, 23 máis ca onte. Seguen medrando os casos en toda a área sanitaria, pero cun ritmo moito máis lento que días atrás.

Ourense foi a primeira cidade galega en subir as restricións. Cumprilas é fundamental, aseguran as autoridades sanitarias, para poder dobregar esa curva.

Unhas medidas coas que tentarán controlar os contaxios tamén no Barco de Valdeorras, que entra ás doce desta noite en nivel máximo de restricións.

A hospitalización vaise mantendo con preto de corenta ingresados, un deles na UCI. Parece que estamos preto en Ourense de superar esta quinta onda da pandemia.

O Sergas segue convocando cribados na provincia para controlar os gromos, mañá será en Maceda.
 

Noticias web

23/07/2021