Ourense sae do nivel vermello de alerta, pero mantén todas as restricións
Foi o epicentro da pandemia en Galicia hai máis dun mes e o primeiro lugar onde se comezaron a adoptar as medidas máis restritivas nesta segunda vaga.
"Dende o principio aquí estaba todo fatal. Moitos contaxios pero agora xa algo mellor e non podemos non alegrarnos".
Mellora a situación na cidade de Ourense onde unha xornada máis baixaron o número de casos e abandona por primeira vez o nivel vermello de alerta.
"Que siga baixando e que superemos isto canto antes".
Para iso é necesario seguir a cumprir coas restricións establecidas entre elas o confinamento perimetral e as prohibicións de reunirse con non conviventes.
Sobre todo nesta semana de magostos. Dende a área sanitaria lembran que non podemos baixar a garda.
Mar Vázquez, directora asistencial da área sanitaria de Ourense lembra que "aínda hai 15 persoas ingresadas na UCI e que non podemos relaxarnos. Hai que seguir mantendo todas as precaucións".
Chamamento á responsabilidade que fan tamén dende Santiago, a primeira cidade galega en abandonar ese nivel de alerta vermella. Aquí tamén continúan a baixar o número de casos pero as restricións, como en Ourense, mantéñense porque a situación aínda non está baixo control.