CRTVG

Buscar

Ourense fai xa un seguimento diario dos usarios das residencias

Publicado o 14/08/2020 14:18

É o persoal sanitario dos centros de saúde o que recibe e analiza todo os días a información de casa usuario. Datos como a febre, a saturación de osíxeno ou posibles problemas respiratorios que responsables das residencias introducen cada día nesta plataforma.

Unha coordinación que permite actuar o máis axiña posible e minimizar os problemas que pode provocar un contaxio entre pacientes tan vulnearables.

Neste intre monitorizan a máis de 900 usuarios de 65 residencias da provincia de Ourense que non contan con equipo médico propio. Unha iniciativa que o Sergas está a estender xa a outras áreas sanitarias.

Noticias web

14/08/2020