CRTVG

Buscar

Ourense participa en tres investigacións ligadas ao servizo de dixestivo

Publicado o 05/10/2021 21:24

O servizo de dixestivo da área sanitaria de Ourense participa en tres investigacións pioneiras a nivel nacional. Dúas delas teñen como obxectivo a detección precoz dos cancros de colon e tamén de estómago, que ten un alto índice de mortalidade debido ao diagnóstico tardío.

A terceira abordará a eficacia do transplante de microbiota fecal en pacientes con colite ulcerosa. As tres liñas de investigación estarán financiadas polo Instituto de Saúde Carlos III.

 

Noticias web

05/10/2021