CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Ourense, entre as cidades máis seguras de España

Publicado o 03/10/2017 14:12

Malia a estes casos, a Policía Nacional di que Ourense é das cidades máis seguras de España. A taxa de criminalidade baixou un 9% no último ano, é dicir: que se cometeu un delito menos cada día. Con todo, o certo é que aínda quedan crimes pendentes de resolver.

O caso de Socorro Pérez, asasinada en 2015 cando saíu correr por unha zona de monte, pouco transitada, é, en palabras do comisario da Policía Nacional, un dos seus principais obxectivos. Asegura que as investigacións avanzan, a pesar da complexidade do caso, no que chegou a haber medio cento de sospeitosos.

O do neno acabado de nacer abandonado nun colector do lixo é outro dos delitos pendentes de resolución. Un caso no que a colaboración cidadá foi decisiva para salvar a vida do cativo. Segundo o balance da Policía Nacional, no último ano a taxa de criminalidade en Ourense baixou máis dun 9%, mellorando a percepción de seguridade dos cidadáns.

A media de delitos na cidade sitúase en 23 por cada mil habitantes e ano, a metade que a media española.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí