CRTVG

Buscar

Ourense permite que os cans viaxen no bus urbano sen gaiola de transporte

Publicado o 20/07/2021 21:14

Ourense é unha das sete cidades españolas nas que si está permitido que os cans viaxen no bus urbano sen gaiola de transporte. Para subiren aos autobuses urbanos, os cans precisan un carné que fan no Concello de Ourense e cumprir unha serie de normas como, segundo conta o inspector do transporte público de Ourense, levar bozo se é un can grande e que vaia con correa e en todo momento controlado polo seu dono.

Con este novo regulamento do transporte colectivo de viaxeiros, Ourense xa forma parte das cidades, só hai sete en España, onde viaxar con can sen gaiola de transporte si é posible. Os donos de cans, encantados con esta nova. Moitos usuarios de autobuses sabíano este martes.

Coco volve en bus á casa despois ir coa súa dona facer unhas compras ao centro. Unha imaxe pouco habitual que en Ourense xa está permitida.

Noticias web

20/07/2021