CRTVG

Buscar

Ourense e Santiago agardan que a melloría da situación lles permita deixar atrás as restricións

Publicado o 27/11/2020 15:19

Con case dous meses de restricións ás súas costas, en Ourense hai quen agardaba con ansia un alivio nas medidas.

Pero o certo é que polo de agora toca esperar. Baixa o nivel de incidencia de xeito pronunciado, así o recoñeceron no comité clínico, pero aínda non é suficiente.

149 casos de incidencia acumulada a catorce días que sitúan Ourense, canda Santiago con 124, nas dúas cidades que experimentan unha melloría evidente en Galicia. Con todo, son moitos os que piden precaución para non botar por terra o traballo das últimas semanas.

Dende o comité clínico salientan o esforzo e responsabilidade dos veciños destes concellos e as súas áreas perimetrais nas últimas semanas, que fixeron posible esta melloría dos datos.

Noticias web

27/11/2020