CRTVG

Buscar

Ourense e Barbadás viven o seu segundo peche perimetral un mes despois

Publicado o 09/01/2021 14:27

O concello de Ourense volve estar pechado xunto co lindeiro de Barbadás. Moitos condutores tiveron que dar a volta, outros si tiñan motivo xustificado para entrar ou saír de Ourense.

Con 259 casos en Ourense 26 máis ca onte, Sanidade decidiu aumentar as restricións ao nivel medio-alto, non se poden reunir máis de catro persoas e a hostalaría terá que pechar ás seis da tarde.

Ourense volve ás restricións severas un mes despois de que levantaran o peche que neste concello durara dous meses.

Dende Sanidade piden á poboación que limiten a vida social ao máximo.

Noticias web

09/01/2021