CRTVG

Buscar

Ourense é a única área de Galicia onde baixan os casos activos

Publicado o 24/07/2021 21:13

Segue a ser a cidade con maior incidencia acumulada de Galicia pero os datos melloran en Ourense. Hai unha semana o número de contaxios diarios superan a centena na cidade das Burgas. Hoxe, tras varias xornadas ralentizando o número de positivos, conseguiron reducir os casos, 34 menos ca onte cando se rexistrou o máximo, ata o de agora, de contaxiados no que levamos de pandemia, 1.267 persoas.

Aínda que baixaron os contaxios na cidade ou no Barco de Valdeorras hai outras zonas da provincia onde seguen a medrar como no Carballiño ou en Verín. Nas últimas horas en toda a área sanitaria houbo 138 contaxios novos, aínda que o número de casos activos baixou en 9 grazas ás altas.

Ademais de reducírense os casos tamén baixaron os hospitalizados en Ourense, dez menos ca onte pero aínda hai 40 persoas ingresadas en planta e unha en coidados intensivos.

Noticias web

24/07/2021