Ourense é a segunda gran cidade galega que sobe a nivel medio de restricións nas últimas semanas
Publicado o 07/07/2021 13:50
O vertixinoso aumento de casos activos na cidade de Ourense levou o comité clínico a tomar a decisión de subir as restricións no concello para frear os contaxios.
Ourense converteuse hoxe na cidade máis afectada de toda Galicia. Desta situación, algúns responsabizan a xente nova. Na suba dun chanzo na situación de risco, Ourense vén acompañada polo veciño concello de Barbardás, con 18 casos activos.
Ademáis de á hostalería, a redución de ocupación afecta tamén as piscinas, tanto cubertas coma ao aire libre, que pasarán a un máximo do 50 %.