CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Ourense é a provincia onde máis cartos se gastaron en viño

Publicado o 28/12/2017 21:13

O viño é a bebida alcólica na cal gastaron máis cartos as familias ourensás o ano pasado, ata 145 euros, moi por riba da media española, que se sitúa nos 83 euros.

A nosa comunidade é a oitava que máis gasta en bebidas alcólicas. As familias galegas invertiron de media 192 euros, dous euros por riba da media española. As Illas Baleares é onde máis cartos se destinan para mercar este tipo de bebidas, case 280 euros. E en Extremadura onde menos, con 130 euros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

28/12/2017