CRTVG

Buscar

Ourense é a provincia galega que está máis preto da vacinación total

Publicado o 19/09/2021 20:34
Ourense é a provincia galega que está máis preto da vacinación total

Onde xa están preto de acadar o 100 % de vacinación dos maiores de 12 anos é na provincia de Ourense. Hoxe son xa 40 os concellos ourensáns que superaron o 90 % de veciños vacinados dentro da poboación diana.

Ademais, nos municipios de Montederramo e Vilar de Barrio poderían chegar á vacinación total durante a semana que vén, xa que as súas taxas son do 95,2 e do 96 % respectivamente. En ambos os dous concellos levan 14 días sen rexistrar ningún contaxio novo. Ourense é hoxe a terceira provincia española con menos maiores de 65 anos contaxiados.

Noticias web

19/09/2021