CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Ourense converterase mañá no maior auditorio ao aire libre de Galicia

Publicado o 22/09/2017 15:32

Dez horas de maratón pianístico ininterrompido a cargo de 60 músicos. E ademais será ao aire libre e en catro puntos distintos da cidade. Ourense converterase mañá no maior auditorio ao aire libre de Galicia.

As Burgas, o Xardín do Posío, a Praza Maior e a rúa do Paseo de Ourense son os lugares onde soará a música dos pianos sen descanso. Máis de 60 pianistas ofrecerán máis de 10 horas de música en directo. O 'Piano meeting' é un certame pioneiro en Galicia que chega ás Burgas mañá.

"Tocar na rúa o piano nesta cidade e con este ambiente é algo inigualable", di Javier Otero, o director artístico do certame.

Non só poderemos deleitar os nosos oídos da música en directo dos profesionais, senón tamén participar tocando nós mesmos o piano.

"A xente poderá escoitar ou ben incluso tocar e participar do que é o evento", asegura o alcalde de Ourense, Xesús Vázquez.

"Achegar a música non só aos veciños e veciñas de Ourense, senón aos visitanes que se achegan", di Marisol Díaz Mouteira, delegada da Xunta en Ourense.

Como colofón haberá un concerto de música clásica a oito mans na praza Maior.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí