CRTVG

Buscar

Ourense conta con 146 aldeas deshabitadas

Publicado o 12/10/2015 14:16

A crise de despoboamento da provincia ourensá disparouse. Outras 188 só contan con un ou dous veciños

A crise de despoboamento da provincia de Ourense disparouse nos últimos anos. Hai 146 aldeas con empadroamento cero pero hai que engadir outras 188 con so un ou dous veciños. O numero de aldeas despoboadas aumenta unha por mes desde o ano 2.012. Un exemplo e a parroquia de Gueral, no concello da Peroxa. Con catro núcleos de poboación so hai oito veciños censados. Unha situación que contrasta coa de hai duas décadas.

Os pobos sen habitar son unha constante na maioría dos concellos de Ourense. Nos corenta e sete municipios que contan con aldeas totalmente despoboadas hai ainda 27 parroquias con dez ou menos veciños censados. 

Sos os municipios ubicados nas zonas de alta montaña os que contan cun maior índe de despoboamento. Na Veiga hai cinco parroquias, con outros tantos núcelos de poboación que contan con dez ou menos residentes. Pero a sitaución e semellante noutras parroquias de Viana do Bolo, Chandrexa de Queixa, Lobeira ou Gomesende. Monterrei conta cunha parroquia, Rebordondo, que xa non conta con ningúnha persoa censada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/10/2015