CRTVG

Buscar

Ourense alcanzará hoxe os 36 graos

Publicado o 22/08/2019 13:58

Dende ben cedo quenta o sol en Ourense. Ceos despexados que invitan hoxe a unha xornada típicamente veraniega.

Despois de semanans nas que a meteoroloxía non acompañou demasiado, semella que desta volta cómpre aproveitar o bo tempo.

Hoxe na nosa comunidade de norte a sur, os valores máximos non baixarán dos trinta graos. Os 36 previstos en Ourense serían a temperatura máis alta acadada en Galicia durante o mes de agosto.

As temperaturas seguirán ascendendo na xornada de mañá, de feito Meteogalicia e Aemet veñen de activar avisos na zona do Miño en Ourense por valores que poden superar este venres os 37 graos. Os mercurios comezarán a descender a partir do sábado.

Noticias web

22/08/2019