CRTVG

Buscar

Ourense celebra os maios con creacións naturais que lle dan a benvida á primavera

Publicado o 05/05/2019 17:34

Os maios tinguiron o centro de Ourense coas cores da natureza nesta época do ano para darlle a benvida á primavera. Nesta edición elaboráronse 37 maios acompañados polas correspondentes coplas satíricas.

Quessada revive grazas aos maios, pincel en man volve pintar... son replicas dalgúns dos seus cadros, pero neste caso a cor póñena as flores e os musgos.

A carón resoa unha foliada na praza de Cudeiro. Danzantes, músicos e mesmo unha rosquilleira cobran vida con estas figuras naturais.

Na terra da chispa non podía faltar un afiador ou a ponte romana pero a creatividade dos maios artísticos vai máis alá con bicicletas, peregrinos e mesmo unha xogadora de hóckey. Outra das modalidades son os maios enxebres con formas piramidais ou de cruz e os creativos que usan outro tipo de materiais.

Pero os maios tamén son a retranca das coplas...

Sátira e creatividade para darlle a benvida á primavera. A rúa do Paseo acolleu estas auténticas obras de arte efémera... unha festa que lle rende homenaxe á explosión de cor e vida que hai neste intre na natureza.

Noticias web

05/05/2019