CRTVG

Buscar

Ourense baixa o número de casos activos por sexto día consecutivo

Publicado o 29/07/2021 14:42

Acadou o seu máximo histórico de contaxiados dende que comezou a pandemia o pasado venres, 1.267 casos. Dende aquela a cidade de Ourense comezou a diminuír lentamente a incidencia

Iso si, a baixada será máis lenta que o crecemento explosivo de casos que se rexistrou dende comezos de xullo. Por iso aínda que a incidencia acumulada a 14 días segue a ser alta, a evolución na última semana sitúa Ourense entre as cidade galegas con mellores datos.

Tamén axuda a vacinación con case o 75 por cento da poboación diana de provincia de Ourense, inmunizada.

Os bos datos da cidade de Ourense reflíctense no balance da área sanitaria que volveu reducir os casos activos aínda que hai comarcas como a de Valdeorras ou a de Monterrei onde se están a subir os contaxios.

Noticias web

29/07/2021