Ourense acolle unha nova edición das Xornadas de Folclore Internacional
Publicado o 07/08/2019 14:37
Ourense acolle estes días unha nova edición das Xornadas de Folclore Internacional. Unha oportunidade para achegarnos á cultura de difentes recunchos do mundo a través das súas danzas.
Nesta ocasión participan grupos de Taiwán, México, Rusia, Bolivia, Serbia e Chile. Preto de 250 persoas que conviven e comparten experiencias ao longo de 10 días.Rematarán o 14 de agosto en Ribadavia.