CRTVG

Buscar

Ourense acende as luces de Nadal

Publicado o 05/12/2018 22:17

Onte foi na Coruña, e dende hoxe, as luces de Nadal brillan tamén na cidade de Ourense. Ás sete e media desta tarde, tras un concerto de panxoliñas, as rapazas do Club de Natación Sincronizada Artística acenderon as 413 unidades de luz repartidas por toda a cidade. Tamén prenderon a árbore da Praza Maior, que este ano mide máis ca nunca, 20 metros de altura. Comeza así a programación do Concello de Ourense para estas festas de Nadal con máis de 400 actividades.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/12/2018