Ourense, a provincia con maior diferenza entre temperatura mínima e máxima
Publicado o 19/10/2021 17:02
En Ourense, a temperatura rondaba ao mediodía os 28 graos, un marcado tempo de verán que contrasta cos 13 de mínima que rexistraron os termómetros da cidade. Cómpre, pois, ter a mán a chaqueta.
Os 15 graos de oscilación térmica no son exclusivos da capital. De feito, en Ribadavia o contraste aínda é maior, pasaron dunha mañá a 9 graos a un mediodía con 27.
Nesta situación, a elección da roupa resulta difícil, pois hai que saír da casa con abrigo e andar de tirantes á tarde.
A influencia dunha borrasca traerá cambios mañá, pois fará descender as máximas, pero as mínimas manteranse.