CRTVG

Buscar

"O que arde", de Oliver Laxe, loitará polo Goya á mellor película

Publicado o 02/12/2019 11:46

'O que arde', de Oliver Laxe, loitará polo Goya á mellor película na 34 edición dos premios que se celebrará o próximo 25 de xaneiro en Málaga.

'Mientras dure la guerra' de Alejandro Amenábar lidera as candidturas, cun total de 17; písanlle os talóns 'Dolor y gloria' de Pedro Almodóvar, con 16, e 'La trinchera infinita' de Jose Mari Goenaga, Jon Garaño e Aitor Arregi, con 15.

Ademais da candidatura á mellor película, 'O que arde' tamén vai competir por outros tres premios, o de mellor dirección ao que aspira Oliver Laxe, o de actriz revelación, que podería recaer en Benedicta Sánchez, e o de mellor fotografía.

Ademais das candiaturas de 'O que arde', hai máis galegos que na noite dos Goya van estar entre os aspirantes a premios. 

Luis Tosar podería conseguir o seu cuarto galardón, por 'Quen a ferro mata'. Esta película, creada pola produtora galega Vaca Films, tamén aspira aos premios nas categorías de merllor actor revelación e mellor son.

Ademais, o actor vigués Santi Prego, tamén é candidato á mellor actor revelación por 'Mientras dure la guerra', quen encarnou ao xeneral Franco na película de Amenábar. E David Fildalgo podería facerse co Goya á mellor curta de animación por 'Homomaquia'.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí