Otero: "Teríase que xogar sen público, hai unha razón de moito peso para non tomalo a broma"
Publicado o 06/06/2020 17:41
O que fora xogador do Celta, Valencia ou Atlético entroutros equipos e actual adestrador do Alondras, Jorge Otero, foi homenaxeado polo Val Miñor cun dos murais que preside o seu campo. O ex internacional posicionouse dun xeito moi claro sobre a posibilidade de que entrase unha porcentaxe de público nos campos. "É unha mágoa pero teríase que xogar sen público, hai unha razón de moito peso para tomar isto a broma", asegurou Otero.