Otegi non descarta no futuro un goberno tripartito en Euskadi de Bildu, PSE e Podemos
Publicado o 22/10/2021 20:13

O líder de Bildu, Arnaldo Otegi, propón crear unha confederación vasco-navarra dentro de España, como alternativa á independencia.
Nunha entrevista que lle concedeu a Pablo Iglesias, Otegi non descarta no futuro un goberno tripartito de esquerdas cos socialistas vascos e con Podemos, pero di que de momento non se dan as condicións. Recoñeceu tamén un afastamento co PNV, e en concreto co lehendakari Urkullu.