CRTVG

Buscar

Oscar García, ante o reto de mellorar o ataque do Celta e minimizar os erros defensivos

Publicado o 05/11/2019 17:08

Os erros defensivos están condenando o equipo. Non é dos máis goleados da Liga. De feito, só recibiu un gol máis que o líder, o Barcelona. Pero o que apaña penalízalle moito. Desacertos con graves consecuencias. Un exemplo, aquel de Aidoo en Ipurúa. Pero simplemente vaiamos ás tres últimas xornadas.

Contra o Real Sociedade, sae mal Jorge Saénz. Calcula peor Aidoo e Beltrán. Gol. Partido perdidocontra o Betis. Falta innecesaria de Aidoo. Logo despexa mal Araujo. Bermejo perde a marcaxe. Gol. Partido perdido.

Contra o Xetafe. Pase arriscado de Araujo. Mal control de Aidoo. Peor acción defensiva. Gol. Partido perdido. Desesperación do adestrador.

Mais non só terá que evitar Óscar García os graves erros na defensa. Tamén no ataque hai outra cuestión preocupante. O Celta é o equipo con menos pegada das cinco grandes ligas europeas. Só lanza a portería 2 veces por partido. E o que son ocasións, por pequenas que sexan, non chega nin a nove por encontro, o peor rexistro se comparamos a liga española coa inglesa, a francesa, a italiana e a alemá.

Pouco gol e erros moi graves na defensa. Iso vai atopar dende hoxe Óscar García en Vigo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/11/2019