CRTVG

Buscar

Os zoos de Lugo reciben tantos visitantes como antes da pandemia

Publicado o 31/08/2021 21:39

En familia, con amigos, a case calquera hora do día e con liberdade de movementos. Así son as visitas que permiten que os zoolóxicos manteñan un bo nivel de actividade malia a pandemia. Nos dous que quedan preto de Lugo aseguran que o ritmo de visitas durante o verán foi mellor do que se agardaba e, dende logo, moito mellor que o do pasado ano.

A amplitude dos zoolóxicos e permanecer en todo momento ao aire libre son a mellor garantía sanitaria fronte a posibles contaxios. O público que asiste a estes espazos adoita ser familiar, o que tamén contribúe a aumentar o número de visitantes.

Ademais, dispoñen de lugares habilitados para xantar e beber ao longo da visita. Os cativos contan con elementos dedicados a eles.

Dende os zoolóxicos confían en que a normalidade chegue pronto as escolas e se poidan retomar as visitas escolares que son fundamentais para estes negocios.

Noticias web

31/08/2021