CRTVG

Buscar

Os xulgados temen un colapso á volta do confinamento

Publicado o 13/04/2020 10:25

Preocupa a normalidade tamén nos xulgados, de momento con servizos mínimos. Os colexios de avogados chaman a atención sobre un posible colapso nos xulgados porque aos procedementos que xa están fixados vanse a sumar todos os que quedaron pendente durante este tempo en que estiveron parados.

Lourdes Carballo, decana do Colexio de Avogados de Vigo explica que é previsible estes colapso porque "non so se trata de que se suspenderan moitos procedementos, moitas vistas, pero tamén se presume que haberá un ingreso de entren máis reclamacións que nun periodo normal polas reclamacións xeradas pola propia situación da pandemia".

"Espéranse reclamacións en todos os ámbitos, non só no laboral. Haberá reclamcións civís, reclamacións de cantidade, reclamacións e familia por incumprimento de visitas, pretenderanse rebaixas de pensións dibido a situación laboral e económica que pode quedarlle a moitos proxenitores despois da pandemia, reclamacións en mercantil en consumo, consursos en empresas, espérase un incremento das reclamacións en todos os ámbitos", explica a decana do Colexio de Avogados de Vigo.

O Consello Superior do Poder Xudicial propuxo unha serie de medidas para paliar co colapso. Tamén o "Colexio da Avogacia se adiantou cunha serie de medidas prácticas que poderían dar resultado", explica Lourdes Carballo. Son medidas extraordinarias para unha situación extraordinaria. As do CXPX están máis pensadas para resolver unha situación que xa vén de antes, a situación de colapso que xa vén de antes e nós somos críticos coas medidas que non son realmente de choque e que buscan axilidade a coste de dereitos fundamentais", aclara.

"As medidas extraordinarias neste momento son estirar o tempo e multiplicar o esforzo", conclúe Lourdes Carballo, "que son as mesmas pautas que se están aplicando noutras administracións. Son medios personales e despois medios materiais; evidentemente non imos pretender agora a modernización da Xustiza nun mes, pero si ir aplicando os medios que se poida acomañados da protección da saúde individual e colectiva. Agora é a saúde colectiva a que hai que protexer".

"Si se pode facer unha volta gradual ao traballo como se está facendo e levan facendo todo este tempo outras administracións para ir avanzando traballos que se poden adiantar".

 

Noticias web

13/04/2020