CRTVG

Buscar

Os xulgados galegos resistiron a pandemia e prepáranse para unha "avalancha de casos" tras os ERTE

Publicado o 31/05/2021 15:09

O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia di que os xulgados galegos superaron a pandemia. Asegura que os órganos xudiciais resistiron ben a crise sanitaria, xa que as medidas implantadas permitiron evitar contaxios ao tempo que se avanzaba no uso das tecnoloxías.

Na presentación da memoria de actividade de 2020, José María Gómez y Díaz Castroverde subliñou que os tribunais galegos recibiron o ano pasado preto de 294.000 asuntos, un 11 por cento menos que en 2019. Con todo, xa se preparan polo previsible aumento de casos cando finalicen os ERTE.

Noticias web

31/05/2021