CRTVG

Buscar

Os xulgados galegos recuperan a actividade con estritas medidas de seguridade

Publicado o 21/05/2020 14:17

Os xulgados galegos van recuperando pouco a pouco a actividade con acollida limitada e cumprindo con estritas medidas de seguridade nesta fase 1 de desescalada.
O prioritario é o control de acceso aos edificios xudiciais e só poderán entrar con máscara as persoas que presenten un xustificante. Terán que desinfectar as mans con xel e en todo momento debe gardarse a distancia de 2 metros. Para evitar acumulacións de xente só se permite a entrada 10 minutos antes do xuízo. A acollida nas salas tamén é limitada, nas bancadas ocupadas por público ou xornalistas só poderán sentarse unha persoa en cada extremo e deixar un ringleira libre no medio. Non son obrigatorias as togas para os letrados e ao remate da vista haberá que abandonar o edificio. Priorizaranse as xestións telemáticas e, se non, para calquera xestión presencial terá que solicitarse cita previa.
 

Noticias web

21/05/2020