CRTVG

Buscar

Os xulgados de Vigo reabren para axilizar os casos atrasados

Publicado o 12/08/2020 18:12
Os xulgados de Vigo reabren para axilizar os casos atrasados

Trátase dunha medida histórica para axilizar os casos atrasados debido á Covid. O normal é que os xulgados retomen a actividade o 1 de setembro pero este ano tan só permaneceron 10 días pechados por vacacións. Só no primeiro día de reapertura os procuradores de Vigo e a súa área recibiron un millar de escritos e notificacións. A posta en marcha dos xulgados realizarase pouco a pouco xa que algúns funcionarios e xuíces aínda están en período vacacional. No mes de marzo acumulábanse 20.300 casos pendentes e a 1 de xullo nos tribunais vigueses tramitáronse un 30 por cento menos de novas demandas e denuncias respecto ao ano pasado.
 

Noticias web

12/08/2020