Os xulgados de Vigo destinaranse a entidades sociais cando se complete o traslado ao Xeral
Publicado o 19/10/2021 18:48

O espazo dos actuais xulgados de Vigo vai destinarse a asociacións entidades sociais da cidade. A xunta investirá preto de 7 millóns de euros na rehabilitación do inmoble. As obras comezarán unha vez que os propios xulgados se trasladen á nova cidade da xustiza, no antigo Hopital Xeral de Vigo. A delegada da Xunta en Vigo sinalou que serán 7.000 metros cadrados dispoñibles para que os colectivos que realmente o necesiten o vaian utilizar.