CRTVG

Buscar

Os xubilados volven manifestarse logo do anuncio de conxelación das pensións

Publicado o 30/12/2019 14:54

Nova mobilización dos xubilados, despois da decision do Goberno de conxelar as pensións ata que se forme o novo executivo.

Os pensionistas din que seguirán nas rúas ata conseguir unha suba progresiva da pensión mínima ata os 1.080 euros.

Parécelles insuficiente a suba do 0,9 anunciada polo Goberno para cando deixen de estar en funcións. A pensión mínima anda actualmente polos 800 euros, de media. E os pensionistas denuncian que non lles permite levar unha vida digna.

En Bilbao xa levan máis de 100 luns mobilizándose. Dáse a circunstancia, ademais, de que a partir do mércores, co novo ano, elévase a idade legal de xubilación aos 65 anos e 10 meses.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/12/2019