CRTVG

Buscar

Os xornalistas cataláns protestan no Parlament polas últimas agresións á prensa

Publicado o 09/10/2019 14:09

Nin unha agresión máis a compañeiros da prensa na cobertura de manifestacións en Cataluña.
Esta foi a mensaxe que os xornalistas que cobren a información parlamentaria nesa comunidade lles trasladaron hoxe aos líderes dos distintos partidos. Para iso sentaron no chan e colocaron os seus micros e cámaras diante deles.

Todos os voceiros da cámara se achegaron a escoitalos: pedíronlles máis contundencia nas súas expresións de condena deste tipo de agresións. Os reporteiros trasladaron, ademais, a súa preocupación ante as mobilizacións que se están preparando desde o independentismo con vistas á sentenza do caso do procés.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/10/2019