CRTVG

Buscar

Os xornais ABC e La Razón publican enquisas sobre os resultdos se houbese que repetir eleccións

Publicado o 24/06/2019 08:30

Os xornais ABC e La Razón publican hoxe senllas enquisas sobre os resultados electorais en caso de que haxa que repetir eleccións e ambas as dúas chegan á mesma conclusión: nin o bloque de esquerdas nin o de dereitas sumarían maiorías e a gobernabilidade seguiría sendo complexa.

Segundo a enquisa do ABC, os socialistas serían os claros vencedores e mesmo se verían beneficiados por unha nova cita coas urnas: subirían 7 escanos ata os 130. Unidas Podemos baixaría 8 escanos e quedaría con 34. O partido máis beneficiado sería o PP, que subiría 19 escanos respecto aos obtidos o 28 de abril, ata os 85. Sería a conta de Vox, que perdería máis da metade dos escanos. Ciudadanos consolidaríase como terceira forza.

Segundo a enquisa da Razón, reforzaríase o bipartidismo en caso de repetición electoral. Subirían o PSOE e o PP.
Os socialistas gañarían outras vez as eleccións e mesmo subirían en 9 escanos os 123 que teñen agora. Con todo, ao sumar con Unidas Podemos alcanzarían só os 160-164 escanos, por tanto Pedro Sánchez precisaría o PNV e os partidos independentistas para poder gobernar. No caso do bloque de centro dereita, o PP sería o que máis sobe, ata 14 deputados pero a suma con Ciudadanos e Vox, non lles daría tampouco a maioría absoluta.





 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/06/2019