CRTVG

Buscar

Os xoguetes tamén se adaptan aos tempos de pandemia

Publicado o 04/01/2021 17:57

Os paxes reais están traballando a tope. Porque os nenos, nesta nova realidade, queren ser coma os novos seus novos heroes e xogar a ser médicos, enfermeiras ou investigadores que loitan contra o virus... A covid chega aos xoguetes e, curioso, que xa hai tamén bonecas contaxiadas.

Complementos, xogos e personaxes que os nenos coñecen moi ben e que chegan este ano transformados en persoal sanitario, con ambulancias e todo, centros móbilies en que non falta de nada. Os investigadores tamen gañaron puntos entre a rapazada e xa se pode traballar en laboratorios con pacientes illados.

Xogos de mesa que xa estan esgotados, disfraces, bólas que imitan os virus son algúns dos xoguetes que as súas maxestades de Oriente seguen buscando. Son os xoguetes do ano da pandemia.

Noticias web

04/01/2021