Os Xogos Olímpicos de Toquio, adiados a 2021 tras propoñelo o goberno xaponés
Publicado o 24/03/2020 14:14
O COI confirma que os Xogos se van celebrar en 2021. Ata o Goberno xaponés entendeu a situación. Reúnironse vía telefónica o COI e o comité organizador dos xogos, e están dacordo en que se celebren no 2021.
O primeiro ministro xaponés foi o primeiro en propoñelo, tras escoitar a opinión de moitos países. O Xapón non quere unha festa do deporte mutilada pola falta de preparación dos deportistas ou pola ausencia dos países competidores.
Por exemplo, os Estados Unidos instou O Xapón a organizalos en 2021, e o peso dos Estados Unidos no deporte olímpico non fai falta contrastalo. O Xapón gastou 12.000 millóns de euros na preparación dos Xogos.