CRTVG

Buscar

Os Xogos de Toquio comezarán o 23 de xullo de 2021

Publicado o 30/03/2020 15:18

O COI decide que rematen o 8 de agosto

Os  Xogos manteñen practicamente as datas deste ano pensando no 2021.

O COI reuniuse nas últimas horas e o adiamento dos xogos durará un ano. Comezarán o 23 de xullo e rematarán o 8 de agosto.

Ao COI preocúpalle a adaptación dos xogos ao calendario internacional. Outros eventos que se teñen que celebrar.

E O Xapón debe dar unha resposta aos seus patrocinadores. Ata o momento fixo un investimento de once mil millóns de euros, recadou mil millóns por entradas e dous mil setecentos por patrocinios.

E dous mil millóns vai custar o mantemento da loxística durante doce meses.

Noticias web

30/03/2020