Os xogadores e xogadoras de fútbol sala ameazan con non xogar se non hai tests semanais
• A Liga de Fútbol Sala comeza o próximo venres
A Parrulo e a Burela agárdaos un torneo moi complicado en que os tres últimos equipos descenderán automaticamente e o cuarto pola cola promociona.
Cando se parou a competición pola pandemia o Parrulo mantiña unha cómoda posición na metade da táboa, mais o Burela non.
A pretemporada foi atípica para os dous equipos e no caso do Parrulo, amais, cunha morea de inoportunas lesións.
En Burela zafaron das lesións pero as dificultades para armar unha boa preparación mental e anímica foron as mesmas ca en Ferrol nun contexto de estrema incerteza pola covid-19.
Tan rara vai ser esta Liga, que hoxe mesmo, hai unhas horas e tres días antes de que comece o campionato, as asociacións de xogadoras e xogadores de fútbol sala fixeron público un comunicado en que amezan con non xogar se non se realizan test semanais de coronavirus.