CRTVG

Buscar

Os xogadores do Deportivo volven de urxencia a Abegondo para pasaren as PCR

Publicado o 04/08/2020 16:16

O Dépor presentarase ao partido, pero solicita que se dispute o venres ou o sábado

Vaise xogar o Deportivo-Fuenlabrada, pero non será mañá. Se cadra, venres ou sábado. É a petición do Deportivo, que accede a xogar para protexer os seus dereitos. O Fuenlabrada acepta esta opción.

O Deportivo tivo que mobilizar os seus xogadores con urxencia. Estaban de vacacións. Esta mañá pasaron as probas das PCR. Fanse con corenta e oito horas de antelación a un encontro. Esa era a imaxe en Abegondo, os inspectores da liga presentes e os futbolistas chegando. Futbolistas que se despediran, como Hugo Vallejo ou Mollejo, ou que rematan a súa relacion contractual, como Borja Valle.

Falta por saber cantos adestramentos terá Fernando Vázquez para activar de novo os seus futbolistas.

Noticias web

04/08/2020