CRTVG

Buscar

Os xogadores do Celta pasan as PCR previas ao comezo da pretemporada

Publicado o 03/07/2021 14:46

E mentres seguen as competicións de seleccións, os equipos están preto de volver ao traballo. É o caso do Celta, que o luns comeza a pretemporada.
Os futbolistas pasaron esta mañá as pertinentes probas PCR. A espera dos resultados, todos eles iniciarán os adestramentos pasado mañá na Cidade Deportiva Afouteza. Compre lembrar que a liga en primeira empeza a mediados de agosto. Logo dunha semana en Vigo, o Celta concentrarase en Marbella durante quince días para preparar a nova e ilusionante temporada.

 

Noticias web

03/07/2021