Os xogadores do Celta non se conforman coa permanencia
Publicado o 29/04/2021 13:29
Coa permanencia virtualmente conseguida, os xogadores do Celta non se conforman, todo o contrario.
Mentres as matemáticas non o impidan, os celestes apurarán as remotas posibilidades de meterse en Europa. O Celta é décimo, con 41 puntos, e a última praza europea tena actualmente o Vilarreal, con 49. Faltan cinco xornadas, o Celta precisaría practicamente un pleno de vitorias. O calendario non é doado, pero permite recortar puntos cos de arriba. Os de Coudet teñen que xogar co Vilarreal e o Betis.
Pero nesta recta final tamén haberá enfrontamentos entre equipos que loitan por Europa e polo título.