CRTVG

Buscar

Os xogadores do Barcelona aceptan un ERTE

Publicado o 30/03/2020 14:54

Rebaixan un 70 % o seu salario durante o tempo de pandemia. O 30 % vano entregar aos traballadores do club.

Leo Messi e os seus compañeiros aceptan o ERTE do Barcelona.

Rebaixan un 70 % o seu salario durante o tempo de pandemia. E o 30 % vano entregar aos traballadores do clube para que perciban integramento a sua retribución.

Non esquezan que hai que distinguir entre salario e ficha. Os futbolistas do Barcelona renuncian ao soldo mensual.

Messi comenta nun comunicado que nunca entendeu como o Barcelona desconfiou da resposta dos futbolistas do primeiro equipo. E que foran controlados con lupa. E engade que se se demorou a resposta dos futbolistas do primeiro plantel porque buscaban o mellor para a entidade.

Noticias web

30/03/2020