CRTVG

Buscar

Os xogadores do banco son chave nos resultados do Lugo

Publicado o 10/09/2018 09:52

O Lugo preparou esta mañá o partido do Wanda Metropolitano ante o Raio Majadahonda.

A ausencia de Kravetz, convocado coa súa selección, é a baixa máis importante de Javi López. Veremos se neste partido os homes do banco volven ser decisivos. É o caso do ex-madridista Lazo, que nos dous últimos partidos deu un gol e marcou outro.

O Lugo ten en Lazo o seu principal revulsivo en momentos de crise.  Hai dúas xornadas, no seu debut en segunda, marcou o gol do empate ante o Granada.  E na pasada, un disparo seu prologou o tanto da vitoria ante o Numancia. Todo iso en corenta e catro minutos no campo.

O andaluz chegou ao Lugo cedido polo Real Madrid onde se adestrou ás ordes de Ancelotti, Benítez e Zidane.

Con estos antecedentes e con ex-compañeiros coma Cantero ou Enzo Zidane no equipo rival, o Majadahonda quere botarlle o Lazo.

Lazo chega ao Wanda coa portería nas súas mans.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/09/2018