CRTVG

Buscar

Os xogadores aplauden o estilo de Curro Torres

Publicado o 11/01/2020 14:52
O técnico cre que hai moito marxe de mellora

Só leva 14 días á fronte do Lugo e malia caer goleado no seu debú ante o Almería, os xogadores aplauden o estilo que pretende impoñer Curro Torres para sacar ao equipo do descenso.

Campabadal. C.D. Lugo. "Temos que quedarnos con eso, co cambio de ir cara diante presionar, de ter máis posesión de balón, de iniciar un pouco máis desde atrás e que sexa esa a nosa liña a partir de agora".

Leuko. C.D. Lugo. "A idea que trae o míster é clara, creo que vai incidir con que saiamos xogando, o ten moi claro, e nós temos que apoiar esa idea do míster, é normal equivocarse, pero sabemos que estamos nunha situación límite e que debemos equivocarnos o menos posible".

Mentres tanto, o técnico está a aproveitar o parón ligueiro para consolidar a súa idea e corrixir os erros que lle custaron a derrota fronte ao conxunto andaluz. Curro Torres recoñece que o equipo aínda está lonxe do que pretende e pensa que hai moito marxe de mellora.

Curro Torres. Adestrador do C.D. Lugo. "Eu agardaba ver cousas que traballaramos, que as vimos, pero as quero ver con maior convicción, con máis intensidade, moito máis ritmo do que queremos, non só con balón, senón tamén sen balón, ser mellores nos duelos, hai moitas cousas que mellorar, pero temos que mellorar desde o día a día".

O Lugo adestrouse as once e volverá facelo mañá para preparar o encontro do mércores ante o Raio Vallecano.

Noticias web

11/01/2020