CRTVG

Buscar

Os ximnasios recuperan o horario habitual de peche

Publicado o 16/04/2021 16:09

Ampliar o horario unha hora máis é para os ximnasios un auténtico balón de osíxeno que lles vai permitir ofrecer máis servizos e, sobre todo, darlles máis facilidades a aqueles clientes que tiveron que deixar de acudir precisamente porque o facían sempre cara á noitiña.

E aínda que esta ampliación do toque de queda entra ven vigor este venres, a maior parte dos ximnasios van a empezar a aplicar o seu novo horario a partir do luns.

Así empezan pouco a pouco a recuperar a normalidade. Agora toca volver a cadrar os horarios.

Tamén os usuarios agradecen o cambio e nos ximnasios agardan que os clientes que a pandemia botou regresen de novo.

 

Noticias web

16/04/2021