CRTVG

Buscar

Os investigadores aseguran que os xenes inflúen na susceptibilidade fronte á covid-19

Publicado o 10/07/2021 14:34

A xenética conta á hora de padecer con maior ou menor gravidade a covid-19. Xa se descubriron trece xenes implicados na severidade deste mal.

O experto galego en medicina xenómica Anxo Carracedo puntualiza, porén, que queda moito por saber para debuxar ben un perfil xenético de risco. O profesor Carracedo subliña que o que si facilita o xa descuberto é o avance dos tratamentos.
Carracedo aposta por seguir sumando estudos. O que el lidera observou tamén que os condicionantes xenéticos non son iguais en homes que en mulleres.

O profesor congratúlase de que dos avances contra a covid tamén aprenden como loitar contra outras enfermidades pero confía en superar pronto a pandemia para poder centrarse noutros campos da medicina que o requiren.

Noticias web

10/07/2021